A covid-19 cobra a súa vítima 34 en Pontevedra, un home de 82 anos ingresado en Montecelo
Por Alejandro Espiño
Unha nova morte por covid-19 sacudiu a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Trátase dun home de 82 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, segundo confirmou esta tarde a Consellería de Sanidade.
O falecido, que segundo as autoridades sanitarias, tiña patoloxías previas convértese así na vítima número 34 da pandemia en Pontevedra.
El foi un dos sete pacientes que morreron este venres en Galicia despois de ser diagnosticados por coronavirus.
Ademais en Montecelo, faleceu un home de 80 anos no hospital Álvaro Cunqueiro e outro home de 76 anos no hospital de Ourense. Este era usuario da residencia de Nosa Señora dos Milagres de Barbadás, onde morreu tamén unha muller de 85 anos.
Pola súa banda, a covid-19 provocou a morte doutras tres mulleres, de 88, 86 e 82 anos, que estaban ingresadas respectivamente nos hospitais de Santiago, Lugo e Ferrol.
Estas sete mortes sitúan en 976 persoas o número de falecidos en Galicia pola covid-19.
Relacionadas:
-
Outros dous falecidos por coronavirus en Montecelo con 88 e 76 anos
Por Oskar Viéitez |
-
Morren dous pacientes con coronavirus hospitalizados en Montecelo e no Salnés
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Soben os contaxios na área sanitaria, especialmente en Pontevedra, Sanxenxo e Vilagarcía
Por Alejandro Espiño |
-
O avance da covid-19 na área sanitaria: 94 novos casos positivos, 74 pacientes ingresados, 4 na UCI
Por Redacción |