Previsión de choivas ata o martes en Pontevedra
Por Redacción
Novamente este sábado será outra xornada de certa inestabilidade atmosférica con aire frío en capas altas.
Así, segundo a previsión de MeteoGalicia hoxe os ceos estarán parcialmente cubertos con posibilidade de chuvascos, máis probables no sur e oeste de Galicia. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente sur, forte no litoral.
Non se agardan apenas cambios na situación meteorolóxica para o domingo. Deste xeito, continuaremos con intervalos anubrados, con chuvascos acompañados de aparato eléctrico polo oeste, máis xeneralizados durante a tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados, con intervalos fortes no litoral.
O luns Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente oeste. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos, con precipitacións que serán máis persistentes na franxa atlántica. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro descenso e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de componente oeste.
A vindeira semana Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Esta situación traerá un martes de influencia anticiclónica transitoria, aumentado novamente a partir do mércores. As temperaturas serán propias da época do ano.