O Plan Concellos destina 250.000 euros a Campo Lameiro
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este venres novos recursos por un importe total de 1.225.347 euros, ao abeiro do Plan Concellos, entre eles o de Campo Lameiro.
En concreto, a Deputación aproba para Campo Lameiro dúas achegadas valoradas en preto de 250.000 euros.
Trátase de 154.767 euros para a adecuación da rede de saneamento en Rozas, Carballeira, Castriño e Liñares.
Outros 91.359 para actuacións de mellora do firme nos camiños Laxe, A Facha, Rans, Lombo, Fondo, e Quinteiro 1 e 2.