A capacidade de hospedaxe de Sanxenxo creceu durante a pandemia
Por Oskar Viéitez
A rede de aloxamentos turísticos de Sanxenxo segue crecendo e xa alcanza a cifra de 25.576 prazas, o que supón o 17,86% do total de Galicia. A capital turística das Rías Baixas é o destino turístico con máis prazas de hospedaxe do norte de España.
Ademais, segundo informa o Concello, Sanxenxo conta con 12.211 segundas residencias que suman máis de 50.000 prazas de aloxamento, aínda que neste caso sexan en propiedade.
Sanxenxo con 9.931 prazas hostaleiras supera a cidades como Bilbao (8.154), Santiago de Compostela (7.993) e San Sebastián (5.854). Se, ademais, tense en conta o resto dos aloxamentos turísticos a diferenza en favor de Sanxenxo é aínda maior.
Segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística sobre os 106 destinos turísticos máis importantes de España, Sanxenxo ocupa o posto 23 polo número de prazas hostaleiras e o 35 polas segundas residencias.
As 25.576 prazas de aloxamento distribúense en 4.184 prazas de cámpings, 8.622 prazas en vivendas de uso turístico (segundo datos de Aviturga), en canto a apartamentos 1-3 chaves hai unhas 2.839 prazas, e finalmente os hoteis ofertan un total de 9.931 prazas
Estas 9.931 prazas hostaleiras distribúense en 1.537 prazas en hoteis de 4 estrelas, os de 3 estrelas suman 2.749 prazas, os de 2 estrelas 3.060 prazas, de 1 estrela 1.451 prazas, as pensións de 1 a 3 estrelas acumulan 1.056 prazas e as casas rurais 78 prazas.
O goberno local considera que Sanxenxo debe estar moi orgulloso do que conseguiu nas dúas últimas décadas e, aínda que nestes momentos o sector turístico estea a pasar por un momento malo, está seguro que a "profesionalidade e a calidade que lles caracteriza permitirá que, unha vez superada a pandemia, se melloren os récords turísticos alcanzados de 2017 a 2019".
Relacionadas:
-
Os empresarios turísticos de Sanxenxo demandan máis apoio ao sector por parte de todas as administracións públicas
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo prepara unha nova ordenanza hoteleira buscando a modernización das instalacións
Por Redacción |
-
O sector turístico celebra o "músculo" de Sanxenxo, que pecha agosto cun 65,5% de ocupación
Por Redacción |