Os ambulantes propoñen instalar o mercadiño en Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez
É coñecido o desexo da Asociación Galega de Ambulantes Autónomos de trasladar ao centro de Pontevedra o mercadiño que cada sábado celébrase na beira do río na rúa de Rafael Areses.
Agora que quedou sen tráfico e baleira a Avenida de Raíña Vitoria, esta asociación propón que a feira se traslade a este céntrico emprazamento.
Segundo informa a xornalista Ana López en páxinas de Faro de Vigo, a presidenta desta asociación de ambulantes, Margarita González, trasladará a proposta de cambio de localización á concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco.
Raíña Vitoria súmase ás alternativas baralladas por ambas as partes entre as que destacan Campolongo, a avenida de Montero Ríos e a rúa Serra.
Relacionadas:
-
A feira ambulante do sábado seguirá na rúa Rafael Areses
Por Redacción |
-
Instalarán unha tirolesa de 150 metros en Raíña Vitoria que só se poderá utilizar se se compra no comercio local
Por Alejandro Espiño |
-
O mercado ambulante trasládase este sábado a Campolongo pola celebración do Campionato de España de Tríatlon Sprint
Por Redacción |