O alcalde de Meaño esixe unha solución definitiva para o pavillón de Dena
Por Redacción
Un fallo no depresor que suministra gas aos oito calentadores instalados no pavillón de Dena para eliminar a condensación na instalación é a orixe da avería que obrigou ao Concello de Meaño a pedir á SDC Asmubal a suspensión dos adestramentos e partido previsto para esta fin de semana.
O alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, e a concelleira de Deportes, María Estévez, mantiñan no serán do venres una reunión urxente coa empresa adxudicataria da instalación do acondicionamento térmico, Degalle Construcciones-
A firma subcontratada para la execución dos traballos, Limarty, desplazou durante toda a semana persoal especializado ao pavillón de Dena para realizar unha revisión a fondo do circuito e chegou á conclusión de que a presión xerada polo depresor debería ser de 19 milibares en vez dos 13 que mediron.
Os técnicos barallan varias opcións sobre a causa da avaría. O primeiro paso será consultar ao enxeñeiro que confecionou o proxecto para saber si o propano utilizado para alimentar o sistema varía os cálculos iniciais, pensados para gas cidade. A empresa adxudicataria porase tamén en contacto co fabricante do depresor para analizar un posible fallo da máquina.
Á reunión cos responsables de ámbalas dúas empresas acudiron tamén dous directivos do SDC Asmubal.
O Concello de Meaño investiu no ano 2018 máis de 51.000 euros nunha obra que supuxo dispor de oito queimadores alimentados por gas e situados a unha altura duns 7 metros que emanan calor suficiente para quentar a capa de aire ata o chan, propiciando unha temperatura maior á ambiental para eliminar os problemas de condensación na cancha.
Relacionadas:
-
O Asmúbal Meaño inicia este sábado en Dena a fase de ascenso a División de Honor Oro
Por Redacción |
-
Medio millón de euros para a transformación integral do pavillón de Meaño
Por Redacción |
-
Un pediatra, melloras no colexio e máis seguridade viaria son as peticións de Meaño á Xunta
Por Redacción |
-
Meaño adapta o pavillón de Xil como local de ensaio da Banda Unión Musical
Por Redacción |