Corte de tráfico ata o venres en Loureiro Crespo polas obras de reforma
Por Redacción
A partires do vindeiro martes 10 de novembro e ata o venres 13, pecharase ao tráfico o treito de Loureiro Crespo comprendido entre as interseccións coas rúas Xosé Malvar e Gonzalo Gallas, por mor das obras de reforma que se están levando a cabo neste vial.
O acceso a garaxes realizarase desde Gonzalo Gallas e para facilitar o acceso ás urxencias do Hospital Provincial permitirase acceder desde a rúa Cobián Areal.
As obras de reforma de Loureiro Crespo comezaran precisamente pola marxe dereita (dirección saída da cidade) do tramo que chega ata a rúa Doce de Novembro, marxe na que xa se repuxeron os novos servizos soterrados e se instalou o novo pavimento na beirarrúa que agora conta cun novo largo e novas zonas de estacionamento.
Estes mesmos traballos son os que se están acometendo neste momento na marxe esquerda deste mesmo treito.
Este proxecto de reforma, que inclúe tamén o barrio do Castañal conta cun orzamento de preto de 3 millóns de euros. A actuación comprende as rúas Ernesto Caballero, Forcarei, Amor Ruibal, Mestre Soutullo, Ramón Cabanillas e a praza das Regas, ademais da propia Loureiro Crespo.
Implica a renovación da pavimentación e o largo das beirarrúas en varios puntos, ao tempo que inclúe a renovación de todos os servizos, a instalación de nova iluminación, novo mobiliario urbano, e a plantación de novas árbores en algúns dos treitos.
Relacionadas:
-
Malestar entre os residentes da rúa Historia polo "perigoso" desvío do tráfico por esta rúa "peonil e estreita"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O cruzamento entre Benito Corbal, Daniel de la Sota e Cobián Roffignac converterase nunha praza circular
Por Anxo Lourido |
-
"Eu son Loureiro" é a campaña para dinamizar o comercio de Loureiro Crespo durante a humanización da vía
Por Manu Otero |