Cerdedo-Cotobade apoia a creación dun GES porque antepoñen "o benestar e a seguridade das persoas a calquera outra cuestión"
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, avogou pola vertebración territorial e a defensa dos servizos no rural á hora de referir o seu apoio á instalación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) na comarca "atendendo a cuestións técnicas e a isocronas que respaldan un servizo esencial e prioritario para os nosos veciños e veciñas".
Para o rexidor, Cerdedo-Cotobade apoia ao GES na comarca "porque antepomos sempre o benestar e a seguridade das persoas a calquera outra cuestión que sempre vén a empañar a toma de grandes decisións cando estas son máis que necesarias".
Jorge Cubela manifestou que "non se pode mirar cara outro lado cando estamos ante un momento crucial para atopar unha solución eficaz e definitiva ao problema da falla de cobertura das emerxencias na nosa comarca e que afecta por igual a todos e cada uno dos catro concellos para os que se propón esta alternativa".
Cubela sinalou que "é importante apostar pola vertebración territorial na nosa provincia e dotar de servizos ao rural" e considera que o resto "é politiqueo barato do que están xa moi fartos os cidadáns".
"As persoas queren solucións concretas a problemas que lles afectan e neste tema ten que haber un consenso de todo o mundo sobre un tema innegable como é que temos unha grave zona de sombra para a atención das emerxencias que temos que resolver de inmediato e neste sentido vai esta proposta en positivo da Xunta que nós imos apoiar", concluíu o rexedor.
Relacionadas:
-
Buscan unha solución para encaixar a singularidade do Grove nos GES
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación agarda pola documentación que avalíe a proposta da Xunta sobre os novos GES
Por Oskar Viéitez |
-
Os alcaldes do PP piden á Deputación que apoie a creación dos GES en Moraña e A Lama
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Un GES con base na Lama atenderá tamén a Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Fornelos
Por Redacción |