O Concello fará o reparto a domicilio da hostalería local durante este mes
Por Oskar Viéitez
Como xa fixo no mes de maio, o Concello entregará gratuitamente fiambreiras a todos os establecementos de hostalería que sigan abertos co servizo de comida para levar ou recoller e, ademais, encargarase durante este mes do servizo de reparto a domicilio.
Este luns o Concello porase en contacto con todos os establecementos para saber cales ofrecerán o servizo de comida a domicilio ou para levar co obxectivo de entregarlles os envases e poñer en marcha o servizo municipal de reparto canto antes.
Ademais, elaborará un folleto no que estarán todos os pratos que ofrecen os locais, os prezos de venta ó público e os teléfonos de contacto para que todos os veciños poidan consultalo e facer os seus pedidos chamando ós establecementos.
Para o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, é importante ofrecer este apoio á hostalería local "porque a axuda hai que dala cando se precisa" e lembroulles ós afectados polo peche que "tendes todo o meu apoio neste difícil momento".
O Concello xa lles ofreceu axudas directas de 400 e 200 euros a todos os negocios do municipio que tiveron que pechar ou viron reducidos os seus ingresos durante o confinamento, e de novo volve apoiar ós teñen que pechar.
O Concello xa anunciou que os orzamentos de 2021, que se están a ultimar, se crearon con partidas vinculadas para poder ofrecer novamente axudas ós negocios en caso doutro confinamento.
O PP PIDE UN PLENO
O grupo municipal do Partido Popular de Ponte Caldelas solicitou ao alcalde Andrés Díaz a celebración, o máis axiña posible, do pleno correspondente ao mes de novembro co fin de aprobar por consenso unha batería de medidas urxentes para axudar ás familias dos hostaleiros do municipio afectados polo peche obrigado pola covid-19.
O PP presentará para o consenso un decálogo de medidas de intervención rápida para axudar ás familias dos propietarios destes establecementos afectados polo peche decretado pola covid-19.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas incrementará a partida de emerxencia social ata os 35.000 euros
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas leva a compra, medicamentos e libros da biblioteca a veciños en corentena
Por Redacción |
-
Comeza o servizo de repartimento de comida a domicilio en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Que bares e restaurantes de Pontevedra teñen servizo de entrega a domicilio?
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas deixa o despacho para facer os recados dos veciños
Por Oskar Viéitez |