A Policía Local detén dúas mulleres por tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Local de Pontevedra detiveron dúas mulleres de 38 e 29 anos de idade por un presunto delito contra a saúde na modalidade de tráfico de drogas.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, os feitos tiveron lugar este sábado 7 de novembro sobre as 16:00 horas, cando unha patrulla que se atopaba de servizo observou unha manobra sospeitosa no exterior dun aparcamento dun supermercado da cidade.
Os municipais viron como chegaba un Renault e, seguíndolle, outro vehículo da marca Ford. As dúas condutoras estacionaron unha preto da outra e, con claridade, os policías observaron como unha delas baixou apresurada do coche, dirixiuse á condutora do Renault e entregoulle un bote de plástico. Ante a situación e coa sospeita que tratábase dun intercambio de drogas, os axentes identificaron a ambas mulleres.
Inicialmente e ante a insistencia do policía para que lle mostrase o bote, unha delas, tratou de tiralo con disimulo no interior do vehículo. Unha das mulleres fixo entrega de tres envoltorios de plástico de cor azul que extraeu do seu suxeitador, negando portar nada máis.
Tras recuperar o bote, os axentes comprobaronn que no seu interior atopábanse un total de 19 envoltorios, dez de cor azul con cocaína e nove de cor negra con heroína.
Posteriormente, localizóuselle á outra muller outro envoltorio con heroína. Tamén se lle interveu a cantidade de 648 euros.
Relacionadas:
-
Detido con 119 doses de heroína un home que circulaba drogado cun ciclomotor sen ITV
Por Redacción |
-
Unha liorta na rúa San Antoniño remata coa denuncia a un mozo por posesión de marihuana nun piso
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Denuncian un mozo de 18 anos localizado sen máscara e portando haxix na zona da Alameda
Por Natalia Puga |
-
Un home de 35 anos, detido por vender cocaína nas inmediacións de locais de hostalería da cidade
Por Redacción |