O centro urbano de Pontevedra queda máis dunha hora sen electricidade
Por Redacción
O centro urbano de Pontevedra quedo este domingo máis dunha hora sen electricidade
Pasaba das oito e media da tarde cando a cidade do Pontevedra sufría un corte de luz.
Afectou a boa parte do centro urbano, desde Rosalía de Castro á Peregrina, parte da zona monumental e o barrio de Mollabao.
A subministración eléctrica recuperouse pouco antes das dez da noite.
Unión Fenosa Distribución aínda non deu explicacións sobre a causa desta incidencia.