A Xunta abre o proceso de expropiación para construír unha senda peonil na Devesa
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publica este luns a convocatoria para o acto expropiatorio para a execución dunha senda na estrada PO-531 no lugar da Devesa, en Pontevedra. O proceso de expropiación comezará en decembro co obxectivo de iniciar as obras no 2021.
O obxectivo desta obra é reforzar a seguridade viaria a través da execución de itinerario peonil que permitirá comunicar os núcleos de Sabarís, O Bispo e A Devesa. A senda terá unha lonxitude de 1,5 quilómetros e executarase en formigón cun ancho mínimo de 2 metros.
O acto expropiatorio de levantamento de actas previas está fixado para o 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra etre as 10 e as 14 horas. O procedemento realizarase seguindo as pautas do estrito protocolo de medidas preventivas para evitar posibles contagios por covid-19. Así, está asegurado o mantemento da distancia de seguridade, amplas zonas de espera, ventilación e limpeza frecuente, así como de carteis informativos e xeles hidroalcohólicos.
Pola súa banda, os titulares das leiras teñen a obrigación de acudir con máscara e só as persoas necesarias. En caso de presentar febre ou síntomas relacionacos co coronavirus deben quedar nas súas casas.
Con esta actuación, a Consellería de Infraestrturas e Mobilidade continúa mellorando a seguridade viaria na PO-531 entre Pontevedra e Curro, na que xa leva investidos 3,8 millóns de euros.
Relacionadas:
-
A Xunta recibe ofertas de 16 empresas para executar unha senda na PO-531 na Devesa
Por Redacción |
-
En primavera comezarán as obras para crear a senda peonil e ciclista na PO-531 no lugar da Devesa
Por Redacción |
-
Vía libre para a expropiación de 25 leiras afectadas pola nova senda peonil da PO-531 en Alba
Por Redacción |
-
Aproban a expropiación de 25 leiras para construír unha senda peonil na PO-531
Por Redacción |