Rafa Domínguez propón un plan integral de 7 millóns de euros para axudar o emprego e comercio local
Por Redacción & Mónica Patxot
Rafa Domínguez, presidente do Partido Popular de Pontevedra, cos concelleiros Pepa Pardo e Pablo Fernández, presentaban este luns un plan integral coa intención de "salvar e impulsar" ao comercio do municipio e tamén ao emprego cun orzamento de 7 millóns de euros.
O líder da oposición manifestaba que se trata de "un proxecto salvavidas" e criticou "a incapacidade dun Goberno local que aínda non deu nin un céntimo aos autónomos e comercio da cidade". Por este motivo presenta este proxecto que se relaciona coas axudas da Xunta de Galicia á hostalería, ao tratarse dunha proposta "realista", que responde as demandas dos sectores involucrados, apuntaba Domínguez.
Estas axudas divídense por sectores. A primeira céntrase en axudas por número de traballadores. Daríase unha prestación económica ás empresas con menos de 10 empregados fixos. Trataríase de 300 euros en xaneiro, 600 en marzo e 900 en maio. Segundo os cálculos do PP, unha empresa con oito empregados pode obter esta axuda para catro deles. Con estas axudas téntase manter o emprego ata o mes de maio, cando se agarda unha mellora da situación económica e sanitaria. A intención de Rafa Domínguez é destinar 1,8 millóns de euros, para manter o emprego de 1.200 persoas.
Tamén se executaría unha bonificación directa para contratos fixos, destinada a empresas de menos de 10 persoas empregadas. A axuda para o empresariado que realice contratos fixos será de 1.200 euros directos. Destinaríanse 1,2 millóns de euros coa intención de establecer 1.000 empregos fixos.
En canto aos alugueres para empresas, Domínguez propón axudas de ata un máximo de 1.500 euros en tres mensualidades que se achegarían nos meses de xaneiro, marzo e maio. A axuda podería chegar a 4.500 euros repartidos en tres pagos. A intención dos populares é mitigar a situación da pandemia ata que se inicie a recuperación. O orzamento sería de 2,25 millóns de euros destinados a un mínimo de 500 autónomos e empresas do municipio.
Para os autónomos, o PP entende que deben destinarse axudas de 1.144, 6 euros, nunha cifra total de 171.000 euros destinados a 1.500 autónomos.
Os populares locais tamén contemplan diminucións nos impostos: a supresión da taxa de veladores, ao redor de 200.000 euros, que iría acompañada polo estudo de cada establecemento da restauración e hostalería; coa idea de ampliar as terrazas durante a pandemia. Rafa Domínguez tamén critica que o Concello de Pontevedra cobre o recibo do lixo mentres dura a pandemia e reclama a abolición desta taxa.
"Son unhas axudas factibles, realizables, ambiciosas, que o Concello de Pontevedra pode facer", apunta Domínguez que afirma que estas partidas sairían do superávit do Concello, que se situaba en 4,9 millóns de euros no ano 2019. Ademais, os populares lembran que coa supresión do teito de gasto, o Concello contaría con recursos para atender estas medidas. Indica que a taxa de execución do Concello "é do 43%" e iso supoñería 10 millóns de euros máis para colaborar cos sectores máis afectados. Rafa Domínguez indica que, ademais, coa elaboración do orzamento para 2021 pódense establecer "sen ningún problema" estas liñas de axuda.
Relacionadas:
-
O PP de Pontevedra esixe ao Goberno que asuma os seus plans económicos para apoiar o orzamento municipal
Por Oskar Viéitez |
-
O PP carga contra a "fallida" liña de axudas do Concello para autónomos e microempresas
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno municipal rexeita o plan de impulso do PP ao consideralo "desafortunado"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP local traslada ao sector empresarial as súas propostas de axudas para facer fronte a crise
Por Redacción |
-
Pontevedra incorporará todos os seus remanentes ao orzamento de 2021 para "reactivar a economía"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP presenta á Plataforma de Afectados pola Covid o seu plan de rescate
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra activará unha nova línea de axudas para sectores afectados pola covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta concede 360.000 euros en axudas a seis asociacións e 36 comercios da contorna de Pontevedra
Por Redacción |
-
Feijóo anuncia axudas de entre 2.200 e 7.000 euros para a hostalería afectada polo peche
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño |
-
"Canto máis pechados estamos, máis podemos movernos. Non é comprensible"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A hostalería de Pontevedra baixa o enreixado e saca a tarteira
Por Manu Otero & Mónica Patxot |