Unha decena de denuncias por incumprir as medidas anti covid-19
Por Redacción
Pontevedra, Poio e Meis foron durante a fin de semana tres das seis localidades da provincia nas que centrou a súa atención a Policía Autonómica no marco da prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes fronte á covid-19.
Os axentes actuaron en Pontevedra, Vigo, Poio, Meis, Moaña e Cangas do Morrazo e procederon á interposición dunha decena de denuncias por incumprimento das medidas vixentes para frear a expansión do coronavirus.
Segundo a información facilitada pola Xunta, os policías identificaron a 312 persoas nun total de 24 dispositivos e 35 inspeccións realizados entre o venres 6 e domingo 8 de novembro.
En total, os axentes realizaron 630 actuacións, das que 296 foron en Pontevedra e 303 en Vigo.
Durante os operativos, controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir medidas como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, a ocupación, o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.
Os axentes actuaron nun total de 30 concellos galegos, nos que que se rexistraron 87 dispositivos e 116 inspeccións, con máis de 550 persoas identificadas e 29 denuncias tramitadas.
Relacionadas:
-
A Policía Autonómica identifica 277 persoas en 31 dispositivos de control das normas anti covid-19 na provincia
Por Redacción |
-
A Policía Autonómica completa 30 operativos na provincia para velar polo cumplimento das normas anticovid-19
Por Redacción |
-
Máis de 600 persoas, identificadas en Galicia pola Policía Autonómica nos controis anti-covid durante a fin de semana
Por Redacción |
-
A Policía Autonómica realizou durante a ponte do Pilar 32 denuncias por incumprimento das medidas anti covid-19
Por Redacción |
-
Pontevedra, unha cidade con poucos incumprimentos: só 37 cidadáns denunciados por non levar máscaras
Por Natalia Puga |
-
Sete denuncias a dous locais da contorna da Peregrina por incumprir as normas anti Covid-19
Por Natalia Puga |