A CIG concéntrase para esixir un novo sistema público de atención ás persoas
Por Redacción
O sindicato CIG convocou este martes unha concentración simultánea nas principais cidades de Galicia para reclamar á Xunta un mellor sistema público de atención ás persoas. Fronte á delegación da Xunta en Pontevedra, unha vintena de persoas, reclamaron máis recursos públicos para as residencias de maiores, os centros de día, os centros de atención á diversidade ou os servizos de axuda no fogar.
Ao berro de "o público é servizo, ou privado beneficio, os protestantes quixeron plasmar o seu malestar coa política do executivo autonómico que, ao seu entender, está a desmantelar o sistema público de servizos sociais e fomentando a privatización dos mesmos para "facer deles un novo neogcio a costa das persoas máis vulnerabéis".
Alertan desde o sindicato que a pandemia da covid-19 está a poñer de manifesto a necesidade de por os coidados das persoas na lista de prioridades das políticas públicas. Denuncian que nos centros privados ha quedado demostradas as carencias de persoal e material, así como a falta de protocolos e a precariedade laboral.
Para solucionalo, a CIG propón a creación dun sistema público galego de servizos de atención ás persoas que xestione as residencias, centros de día, centros de atención á diversidade, servizo de axuda no fogar, casas neno ou o transporte adaptado, entre outros moitos programas. Para conseguilo esixen un incremento das partidas orzamentarias destinadas a estes apartados e esixen a transferencia para Galicia de todas as competencias e recursos públicos que permitan desenvolver, aplicar e ampliar a Lei de Dependencia.