A estrada municipal entre Cavadosa e Caroi vai mellorarse cun investimento de 43.000 euros
Por Redacción
Case 42.780 euros irán destinados á reforma do acceso entre Cavadosa e Caroi. Esta partida procedente do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra servirá para reformar un vial de titularidade municipal que se atopaba nunha situación moi precaria.
Nesta estrada local comprobábase a existencia de fochancas que dificultaban a circulación de vehículos, segundo afirman desde o goberno local de Cerdedo-Cotobade.
O alcalde Jorge Cubela sinala que atendeu a petición da veciñanza e, desta forma, emprégase parte do aforro realizado no proceso de contratación de diversas obras integradas no Plan Concellos a mellorar esta estrada que afecta as persoas que habitualmente se trasladan entre as dúas poboacións.
Está previsto o asfaltado de todo o vial, a mellora das actuais cunetas e a construción de sistemas de recollida e canalización de augas pluviais que nos meses con máis precipitacións ocasionan dificultades para o acceso nesta zona. Por este motivo, instalaranse sistemas de recollida de auga e de drenaxe que permitan o tránsito.