Novo vehículo para Protección Civil de Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis anuncia que o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil disporá en breve dun novo vehículo todoterreo modelo pick-up que permitirá ao corpo incrementar a capacidade de actuación en caso de emerxencia e a operatividade nos diferentes traballos de seguridade e prevención que realiza en beneficio da cidadanía.
A pick-up é un tipo de camioneta empregada xeralmente para o transporte de mercadorías, e que ten no seu parte traseira unha zona de carga descuberta na cal se poden colocar obxectos grandes.
Este novo vehículo foi concedido pola Xunta de Galicia ao abeiro das orde da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior pola que se adxudican en réxime de concorrencia competitiva equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, mostrouse satisfeito pola concesión deste novo equipamento e asegurou "que é moi importante para seguir mellorando un servizo de emerxencias municipal do que estamos especialmente orgullosos polo excelente traballo que realiza polo ben dos nosos veciños e veciñas".
O rexedor engadía que "a pick-up permitiranos incrementar a capacidade de resposta ante calquera emerxencia, porque son vehículos adaptados e ben equipados, o que favorecerá unha maior efectividade na súa labor diaria por parte dos membros de Protección Civil".
Manuel Campos tamén agradeceu a colaboración da Xunta para o mantemento dos servizos de emerxencias mediante a entrega deste tipo de equipamentos.