O Goberno reduce ao 4% o IVA das máscaras e baixará o seu prezo máximo de venda
Por Alejandro Espiño
Que as máscaras sexan accesibles a todo o mundo e non supoña un custo inasumible para ninguén. É o que demandaban ao Goberno desde numerosos ámbitos da sociedade e, aínda que tarde, o executivo de Pedro Sánchez escoitounos.
A ministra de Facenda, María Jesús Montero, anunciou que o IVE das máscaras, que estaba situado no tipo xeral do 21%, pasará a ser o superreducido do 4%.
Ademais, o Goberno reducirá o prezo máximo de venda das máscaras cirúrxicas, as máis empregadas pola poboación, que estaba fixado actualmente nos 0,96 euros.
Estas medidas combinadas, segundo a ministra, buscan que a redución destas marxes "se traduzca en una rebaja del precio para el consumidor final y no en un mayor margen empresarial".
Montero, durante a súa intervención no Congreso dos Deputados, explicou que o goberno español puido adoptar agora esta decisión despois de que a Comisión Europea confirmara "por escrito" que non multará a España por esta medida.
"Somos un Gobierno sensible, atento y que atiende los problemas de la gente", sinalou a responsable de Facenda ante a Cámara Baixa.
O Consello de Ministros abordará esta cuestión a próxima semana e fixará o novo prezo máximo das máscaras que, por agora, aínda se descoñece.
Relacionadas:
-
Os test de antíxenos terán un prezo máximo de 2,94 euros nas farmacias
Por Redacción |
-
"Nada me gustaría máis que decir que non haberá un novo confinamento, pero non podo facelo"
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno insta ás comunidades a adoptar medidas "contundentes" para evitar confinamentos
Por Alejandro Espiño |
-
Pedro Sánchez pide concienciación e disciplina cidadá: "Podemos y debemos detener al virus sin detener la vida"
Por Natalia Puga |