Sanxenxo, con ou sen cebola?
Por Oskar Viéitez
Co remate da tempada estival os turistas abandonan a vila de Sanxenxo. Con eles van pechando os quioscos, marchan os socorristas, os auxiliares da Policía Local, os traballadores temporais, pechan as súas portas os hoteis... coma se fose unha metáfora, Sanxenxo celebra estes días A Festa da Cebola.
ÿ a celebración máis típica que reconcilia aos sanxenxinos coa súa esencia máis tradicional, con dianas e alboradas, gaiteiros, banda de música, verbena, bombas de palenque e por suposto: cebolas.
Sesenta casetas concorreron a esta XXXI edición da Festa na que se premiou á cebola "máis grande" de 1,068 gramos achegada por Sara Salgueiro e a restra "máis longa" de 300 metros, de Yudite Do Reis. O premio de composición artística foi para Anxos Cacabelos por "Novotempo".
Nesta edición o Concello de Sanxenxo homenaxeou o empresario hoteleiro Carlos Troncoso, e a directora de moda de Vogue España, Belén Antolín, aos cales a rexedora impuxo as insignias de ouro.
Completa o programa unha misa solemne en honor á patroa Santa Rosalía tras a que sairá a procesión.
Relacionadas:
-
A Feira da Cebola chega á súa XXXI edición con máis de 60 casetas participantes
Por Redacción |
-
A Feira da Cebola chega á súa XXXI edición con máis de 60 casetas participantes
Por Redacción |
-
Unha xornada dedicada aos turistas inaugura este domingo as festas patronais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Carlos Troncoso e Belén Antolín recibirán o día 4 as 'Cebolas de Ouro'
Por Redacción |