Maica Larriba e Luisa Piñeiro apelan á máxima colaboración entre administracións
Por Oskar Viéitez
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, recibiu este xoves á nova delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra e exalcaldesa de Moraña, María Luisa Piñeiro.
A recepción institucional, que tivo lugar na sede da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, produciuse con motivo do recente nomeamento da delegada.
Maica Larriba quixo, en primeiro lugar, "agradecer a súa visita", así como "desexarlle todos os éxitos nesta nova etapa".
Durante o encontro, a subdelegada do Goberno manifestou a súa disposición para colaborar en todos aqueles asuntos da provincia que atinxan ás dúas Administracións.
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra ofreceu a "absoluta colaboración" do goberno galego na loita contra a pandemia.
Neste encontro de presentación, abordaron a importancia de establecer a máxima coordinación entre ambas administracións respecto ás actuacións das forzas e corpos de seguridade e avogou polo entendemento e traballo conxunto de ambas institucións, especialmente no marco da actual crise sanitaria.