A covid-19 estabilízase na área salvo en Sanxenxo, Poio e Cambados, onde crecen os contaxiados
Por Alejandro Espiño
A incidencia da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés parece estabilizarse, polo menos nos municipios onde está activo o nivel de alerta 3 (vermello) que, unha xornada máis, seguen sendo oito: Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa, Ribadumia e Soutomaior, segundo os datos achegados por Sanidade.
En Pontevedra, sinala o goberno municipal, os casos activos son 361, o que supón un menos dos contaxiados que había fai apenas 24 horas.
Á capital da provincia séguelle Marín, onde hai 100 persoas con covid-19, os mesmos que onte. Ademais, outros 233 marinenses atópanse en seguimento por contactar con algún destes positivos.
Vilagarcía, pola súa banda, ten 81 casos activos, un menos que no último balance; mentres que Sanxenxo e Poio son os únicos onde crece esta incidencia, con 69 e 63 casos activos, cinco e dous máis respectivamente, que onte mércores. En Poio, ademais, hai 193 contactos en seguimento.
O Grove, Ribadumia e Soutomaior son os outros tres municipios en máxima alerta.
Cambados e Caldas de Reis, mentres tanto, continúan unha xornada máis situados en n o nivel de alerta 2 (laranxa). No primeiro deles, os casos activos crecen ata os 63, dous máis.
Municipios como Cuntis, Meis e A Lama seguen con nivel de alerta 1 (amarelo) activo, segundo os datos de incidencia que desvelou Sanidade. A eles sumáronse Bueu e Vilaboa.
Ao nivel de alerta 0 (verde) baixa Ponte Caldelas (22 casos activos e 60 persoas en seguimento), que se suma a Barro, Meaño, Portas, Vilanova de Arousa (19 casos en total -tres menos-), A Illa de Arousa, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Moraña.
En todos eles detectáronse menos de sete contaxios na última semana.
Relacionadas:
-
Baixan a sete os concellos da área sanitaria en alerta vermella por alta incidencia de covid-19
Por Natalia Puga |
-
Falece no Hospital do Salnés unha terceira paciente con covid-19 da residencia de Ribadumia
Por Alejandro Espiño |
-
Deciden controlar a temperatura no acceso a edificios municipais de Poio ante o ascenso de casos positivos
Por Redacción |
-
O virus mantén a 86 persoas ingresadas en centros hospitalarios da área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
A covid-19 dá un respiro a Pontevedra e Vilagarcía, pero continúa disparada en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |