Un pediatra, melloras no colexio e máis seguridade viaria son as peticións de Meaño á Xunta
Por Redacción
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, continúa coa súa rolda de visitas aos concellos da súa área despois do seu nomeamento.
O seu último desprazamento foi ao Concello de Meaño no que foi recibida polo alcalde Carlos Viéitez nun encontro no que reinou a cordialidade e a delegada reafirmou a súa máxima colaboración e disposición absoluta".
Durante a cita, o rexedor trasladou á delegada unha serie de peticións para mellorar os servizos en Meaño.
A principal foi a de dotar dun pediatra ao centro de saúde do municipio, ao que a delegada se comprometeuse a seguir compartíndoo con Meis; pero tamén pediu mellorar a seguridade viaria nos núcleos de Xil e Altamira, mellorar a eficiencia enerxética no colexio e dotalo de servizo de comedor.
Valoran desde o goberno local predisposición da delegada para tramitar todos estes proxectos pendentes. Pola súa banda, Piñeiro, despois de recoller todas as peticións do rexedor, lembrou o investimento realizado pola Xunta neste concello no ámbito das infraestruturas nos últimos anos, que supera os 4 millóns de euros.