Golfiños no río Lérez
Por Ramiro Espiño
Desde que o alcalde Lores se deu un chapuzón nas augas do Puro Lérez, os pontevedreses xa non se sorprenden con nada. Por iso a ninguén estraña xa a presenza de golfiños na ría de Pontevedra.
Máis segue sendo un bonito espectáculo atoparse cun destes cetáceos paseándose polo río Lérez.
O último destes visitantes ilustres fora o arroaz Gaspar, un delfín mular que en 2009 percorreu o río ata a praia fluvial, pero agora volveron.
Neste caso a mañá do sábado animouse coa presenza dunha parella de delfines xogando no tramo urbano do río.
Estes cetáceos en ocasións teñen comportamentos pouco frecuentes. Segundo informa o CENMA, en Galicia téñense dado diversos casos, como foi o de Nina que estivo en Sada nos anos 70 e foi visitado por Cousteau, Julia, que tamén nos anos 70 visitou Baiona.
O máis coñecido foi o caso de Enol en Cariño no ano 1997, recentemente houbo outros, como o caso de Mercurio que viviu uns meses en Baiona no ano 2000, o Pias que viviu un ano en Ferrol baixo a ponte do mesmo nome no ano 2006, ademais do xa citado Gaspar que a finais do mes de xaneiro do ano 2008 visitou a Mariña Luguesa, chegando ata Asturias e, posteriormente voltou as Rías Baixas.
A singularidade da visita de hoxe radica na presenza dunha parella, que ao longo da mañá do sábado, aproveitando a pleamar acompañou aos piraguistas dandolles unha feliz sorpresa.
Relacionadas:
-
Así xogan os golfiños no río Lérez
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha manda de golfiños fai as delicias dos veraneantes das Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |