A creación do centro de día na Casa do Mar de Marín, un pouco máis preto
Por Redacción
O goberno local de Marín levou ao pleno a adxudicación de 100.000 euros procedentes do remanente municipal para o proxecto de creación dun Centro de Día na primeira planta da Casa do Mar.
"O noso obxectivo é poder axilizar ao máximo os trámites para a contratación da obra e iniciar así a reforma, de tal maneira que a creación do centro de día vaia dando pasos e avanzando no tempo", explicou a alcaldesa, María Ramallo.
Con este trámite dáse un paso adiante a un proxecto previsto ao amparo dun convenio asinado coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que achegará outros 200.000 euros.
As obras de acondicionamento prevén dotar ao futuro centro de día dunha sala de usos múltiples, un espazo de rehabilitación e outro para o lecer, cociña e lavandería.
A instalación foi cedida ao Concello por parte da Tesourería da Seguridade Social co obxectivo de permitir o seu uso para garantir a cobertura pública da asistencia da terceira idade.
Relacionadas:
-
Marín mellora as comunicacións en diversos camiños do seu territorio
Por Redacción |
-
A Xunta supervisa obras de rehabilitación enerxética e modernización en dous centros educativos de Marín
Por Redacción |
-
Asinado o acordo entre Xunta e Concello de Marín para habilitar un centro de día na Casa do Mar
Por Redacción |