Ponte Caldelas pagará a nova estrada ao balneario co Plan Concellos e fondos europeos
Por Redacción
Ata o próximo 3 de decembro, as empresas interesadas en executar as obras de mellora da estrada de acceso ao balneario de Ponte Caldelas poderán presentar as súas ofertas.
A licitación aberta polo Concello cifra o investimento para esta actuación en 674.208 euros, pero sairá de balde para as arcas municipais. Será financiada ao 80% a través de fondos europeos FEDER e o 20% restante será con cargo ao Plan Concellos da Deputación.
A intervención na estrada do balneario consiste na mellora dos itinerarios peonís. Quedará unha vía de sentido único na que se crearán beirarrúas en pedra e estacionamentos en batería, incluíndo espazos para o aparcamento de autobuses.
Ademais, haberá novas zonas verdes e diferente mobiliario urbano.
As obras, unha vez que sexan adxudicadas, terán un prazo de remate de oito meses.
Relacionadas:
-
Sae a licitación a reforma da Avenida de Galicia por máis de 400.000 euros
Por Redacción |
-
Humanizar a Avenida de Galicia e a estrada do Balneario son os grandes proxectos de Ponte Caldelas para o 2020
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas humanizará a Avenida de Galicia e a estrada do balneario
Por Redacción |