A saída de Ribadumia deixa en seis os municipios da área sanitaria en máxima alerta
Por Redacción
Seis municipios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantéñense este sábado no máximo nivel de alerta polo número de contaxios da covid-19 detectados na última semana. Desta lista, integrada por Pontevedra, Marín, Poio, Vilagarcía, Cambados e Sanxenxo saíu Ribadumia, segundo confirma Sanidade.
En Pontevedra, segundo as cifras desveladas polo goberno municipal, hai este sábado 373 casos activos. Son catro menos que onte. Aínda así, a cidade mantense no nivel de alerta 3 (vermello) pola incidencia da covid-19 que, aínda que estabilizada, resístese a baixar.
Detrás de Pontevedra sitúase Marín, onde tamén volveron a crecer os contaxios. Hai 99 persoas coa infección activa, cinco máis que este venres.
Algo máis tímido é o incremento rexistrado en Poio, onde os contaxiados son 63, dous máis que no último balance, aos que se suman 193 contactos en seguimento.
A tendencia contraria rexístrase en Vilagarcía de Arousa. Alí hai este sábado 74 casos activos, cinco menos nas últimas 24 horas. En Cambados, pola súa banda, os infectados subiron a 68 persoas, tres máis que onte.
O sexto municipio de área sanitaria de Pontevedra e O Salnés en máxima alerta é Sanxenxo. Os casos activos son 73, o que supón un máis que no último balance de Sanidade.
Desta lista cae Ribadumia que, xunto co Grove, Caldas de Reis, Soutomaior e Meis -que sobe un banzo- teñen activo o nivel de alerta 2 (laranxa).
En Soutomaior, único municipio destes cinco que comunicaron os seus datos, hai 40 persoas contaxiadas, unha menos que onte.
Cuntis, Meaño, Bueu, A Lama e Vilanova de Arousa, que incrementa lixeiramente a súa incidencia ata os 24 casos activos (tres máis), están con nivel de alerta 1 (amarelo).
O resto da área sanitaria mantense en nivel de alerta 0 (verde) porque se detectaron menos de sete contaxios na última semana. É o caso de Ponte Caldelas, Barro, Portas, Vilaboa, A Illa de Arousa, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Moraña.
Relacionadas:
-
Quinta morte por covid-19 na residencia de Ribadumia, a número 43 en toda a área sanitaria
Por Redacción |
-
Vilagarcía abandona a 'zona vermella' de covid-19 por primeira vez en catro semanas
Por Alejandro Espiño |
-
Baixan as hospitalizacións e os casos activos de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Sesenta e cinco novos contaxios sitúan en 1.277 os casos activos por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Novo gromo de covid-19 en Montecelo: tres profesionais de Pneumoloxía, contaxiados
Por Redacción |
-
Falece no Hospital do Salnés unha cuarta paciente que procedía da Residencia DomusVi de Ribadumia
Por Redacción |