Meaño adianta o Nadal e ilumina un corazón na praza nova de Dena
Por Redacción
O goberno municipal de Meaño quixo ofrecer aos seus veciños un pequeno aperitivo do que será a súa iluminación do Nadal e, adiantándose ao resto de concellos pontevedreses, xa iluminou un dos seus principais espazos urbanos.
Trátase da praza nova de Dena. Nela, instalouse unha decoración luminosa en forma de corazón. Está colocado sobre unha estrela de sete puntas.
Cada unha destas puntas, segundo destacan desde o Concello, ilumina e representa ás parroquias de Meaño porque "este ano a unión é máis necesaria que nunca".
Este é a mensaxe de "ilusión e unidade" que o executivo que lidera Carlos Viéitez quere mandar para un nadal que, segundo adianta, serán "diferentes".
O resto da iluminación do Nadal de Meaño acenderase a finais deste mes de novembro.
Relacionadas:
-
O núcleo de Dena estrea novos espazos públicos "para a xente"
Por Redacción |
-
Meaño convoca concentración para reclamar a reposición dun pediatra
Por Redacción |
-
Un Nadal alternativo en Poio para adaptarse ao contexto da covid-19
Por Redacción |
-
Sanxenxo rozará os 100.000 euros de investimento na súa iluminación de Nadal
Por Redacción |
-
O Concello do Grove asume este ano a totalidade do custo da iluminación de Nadal
Por Redacción |