Poda de seguridade das árbores da contorna da igrexa de Campolongo
Por Redacción
Por razóns de seguridade a xunta parroquial de San Xosé de Campolongo e a asociación de veciños de Campolongo tiña pedido ao Concello de Pontevedra a poda dunhas árbores de gran porte na contorna da igrexa de Campolongo.
Dende primeira hora deste luns unha brigada de catro operarios está a realizar estes traballos.
Actuarase sobre uns tulíperos de Virxinia de máis de 20 metros de altura, de varios freixos e dunha moreira, e a tala e retirada dun ciprés que se atopaba moi seco e en mal estado de saúde.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, explica que estas podas de seguridade "tiñan bastante prioridade, xa que en breve se realizarán obras de rehabilitación na igrexa e algúns exemplares que están pegados ao edificio entorpecían a execución destes labores e, ademais, tupían as canalizacións con follas, causando humidades e filtracións de auga no templo".
Reducindo o tamaño das copas, especialmente dos tulíperos de Virxinia, mellóranse as condicións de seguridade e o distanciamento entre as árbores e a igrexa, evitando a invasión do espazo que se viña producindo.
Relacionadas:
-
O Concello inicia unha actuación de acondicionamento na senda fluvial do Lérez
Por Redacción |
-
Corenta mil euros para reformar a zona de xogos da Praza de Europa
Por Redacción |
-
Podan as acacias da rúa Andrés Mellado e retiran unha árbore que ameazaba con derrubarse
Por Redacción |
-
Os colexios de Pontevedra medirán a calidade do aire na cidade a través dos liques que habitan nas árbores urbanas
Por Oskar Viéitez |