Vilaboa levará a pleno a aprobación dos núcleos rurais pendentes da súa consolidación
Por Redacción
A sesión plenaria de caracter ordinario do Concello de Vilaboa que terá lugar o día 27 deste mes de novembro dará luz verde á aprobación dun documento que ordeará os seis núcleos que quedaran pendentes tras a aprobación o pasado ano do PXOM.
Trátase dos lugares de Saxosa, Sabaxáns, A Graña, Casfalcón, Sobreira e Novás.
Logo da súa aprobación, os propietarios de vivendas nestes núcleos poderán iniciar os procesos de regularización das súas vivendas en caso de necesitalo ou solicitar licencia de construcción.
A falta de suministro de auga era a causa que deixaba fóra de ordenación estes seis núcleos, polo que unha vez confirmado o abastecemento nos lugares de A Graña, Saxosa e Sabaxáns, nos lugares de Casfalcón, Novás e Sobreira "os proxectos de construción deberá incluír a resolución da concesión respectiva ou uso privativo por disposición legal, asegurando así, a dipoñibilidade xurídica de auga previamente á concesión de licenza de obras".
Con este paso, o alcalde César Poza asegura "damos un paso definitivo de cara a unha aprobación definitiva e total do noso plan xeral, fundamental para o futuro do noso concello".
O PXOM de Vilaboa ordea un territorio de casi 37 kilómetros cuadrados dos que o 84,9% é de carácter rústico, o 13,73% é suelo de núcleo rural, o 1,02% é urbano e o 0,35% é suelo urbanizable. O PXOM abriu a opción de construir 820 viviendas novas nun plazo de dez anos.