Recuperan un iate semiafundido no porto de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Por causas que se descoñecen na mañá deste martes empezouse a afundir un iate que estaba amarrado ao pantalán do porto deportivo Juan Carlos I.
Segundo comunicou o Concello de Sanxenxo, trátase dunha embarcación practicamente nova.
Antes de que o barco fora definitivamente a pique iniciáronse os traballos para reflotalo. Nestas tarefas empregáronse globos de aire que mantiveron o iate á boia ata que se puido remolcar.
Agora, antes de proceder á súa reparación, levarase a cabo unha peritaxe para determinar as causas do afundimento.