Deteñen un mozo de Marín que, ao ver á Policía Nacional, tirou ao chan unha bolsa con heroína
Por Redacción
A Policía Nacional detivo un mozo veciño de Marín que, ante un control policial, reaccionou de forma sospeitosa ao tirar ao chan unha bolsa de plástico. Os axentes comprobaron que dentro había droga e atribúenlle un delito contra a saúde pública.
O mozo, de 37 anos e con antecedentes policiais, levaba nesa bolsa 13 papelinas que arroxaban un peso total de 2.3 gramos de heroína. Ademais, os axentes da Comisaría de Marín atopáronlle, nun cacheo de seguridade, 106,60 euros en billetes fraccionados.
A detención foi levada a cabo por integrantes do Grupo de Seguridade Cidadá, no marco do un dispositivo establecido para a prevención do tráfico polo miúdo de substancias estupefacientes.
Os axentes estaban a realizar labores de prevención da seguridade cidadá cando observaron a presenza deste individuo en actitude sospeitosa e que, ao detectar a súa presenza, arroxaba unha bolsa de plástico ao chan.
A Policía Nacional mantén activos dispositivos de prevención da delincuencia e diariamente realiza controis perimetrais e comprobacións en relación ao cumprimento da normativa sanitaria para a loita contra a covid-19.