Morre atropelada por un coche de alta gama que se deu á fuga en Vilanova de Arousa
Por Redacción
Unha muller de 78 anos morreu onte á noite en Vilanova de Arousa tras ser atropelada por un coche de alta gama que, tras o accidente, deuse á fuga.
A Garda Civil activou un dispositivo de busca para localizar ao condutor que, segundo referiron as testemuñas, circulaba de maneira temeraria e a gran velocidade.
O vehículo que se está buscando sería, segundo estes mesmas testemuñas, un coche deportivo e de cor branca.
O suceso produciuse sobre as oito e cuarto da tarde nas inmediacións da igrexa parroquial, segundo confirmaron desde o 112 Galicia.
Ao lugar do accidente trasladouse de inmediato unha ambulancia medicalizada do 061, pero os sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida da muller.
Relacionadas:
-
Detido un sobriño de Manuel Charlín polo atropelo mortal de Vilanova
Por Redacción | Creada e actualizada
-
"Só as vítimas e as súas familias coñecen o sufrimento que hai detrás de cada accidente"
Por Redacción |
-
Un falecido e un ferido de consideración nun accidente de madrugada en Caldas de Reis
Por Redacción |