A Deputación súmase á Universidade de Vigo para fomentar vocacións científicas entre as nenas
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra trasladou o seu apoio ao programa InspiraSTEAM da Universidade de Vigo que busca fomentar vocacións científicas e tecnolóxicas entre as nenas.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva participou este mércores nun encontro telemático co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, no que presentaron este acordo.
Segundo os datos achegados pola institución académica, mentres o 54,8% do total do alumnado do sistema universitario español son mulleres, a súa presenza nas titulacións técnicas como enxeñerías e arquitectura é só do 25%, unha cifra que nalgunhas titulacións mesmo se reduce ao 8%.
A Deputación e a Universidade de Vigo coinciden en sinalar que estes datos evidencian a necesidade de adoptar medidas que fomenten a presenza de mulleres nas disciplinas coñecidas como STEAM un acrónimo en inglés que xorde das palabras Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas.
Nesta liña, a Universidade de Vigo puxo en marcha en 2018 o programa InspiraSTEAM, do que este mércores presentouse a terceira edición, á que se suma a Deputación de Pontevedra.
Trátase dun proxecto no que mulleres profesionais nestes campos tutorizan grupos infantís, especialmente de nenas, de centros escolares da provincia de Pontevedra para que poidan contar con referentes femininos en ciencia e tecnoloxía e valoren estas profesións para o seu futuro.
Carmela Silva aplaudiu esta iniciativa da Universidade de Vigo que a converte en "unha referencia para todas as universidades do Estado no que ten que ver coas políticas de igualdade" e alertou do que supón que as mulleres estean "infrarrepresentadas" naquelas carreiras que "van xerar a actividade do futuro, as que van crear empregos de mellor calidade e maior salario".
O reitor, Manuel Reigosa, advertía que "sería unha mágoa que estivésemos a perder potencia", en referencia á captación do talento feminino nestes campos do coñecemento.
Pola súa banda, Natalia Caparrini explicou que a base do proxecto son as mentoras. Nesta edición serán 30 mulleres científicas e tecnólogas que de maneira voluntaria decidiron implicarse nesta iniciativa para dar a coñecer entre o alumnado infantil a través de seis sesións de traballo en horario lectivo aspectos como os estereotipos de xénero vinculados a estas disciplinas, as súas saídas profesionais ou o papel das mulleres ao longo da historia da ciencia.
Relacionadas:
-
Só unha de cada catro estudantes das carreiras científicas e tecnolóxicas son mulleres
Por Redacción |
-
Cen estudantes da Universidade de Vigo contarán con axudas directas da Deputación para formarse internacionalmente
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Inspira STEAM, un proxecto pioneiro que se afianza coa colaboración entre UVigo e Deputación
Por María José Pita |
-
Presentan o web da Cátedra de Feminismo, unha ferramenta para fomentar as mulleres científicas e hackear o patriarcado
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
'Quero ser investigadora', o libro da Universidade de Vigo que pretende visibilizar ás científicas contemporáneas
Por Sara Iglesias |
-
A Deputación e o CSIC colaborarán para dar solucións á emerxencia climática
Por Redacción |
-
Entregan os Premios Ernestina Otero a escolares: "De vós depende que teñamos unha sociedade igualitaria"
Por Anxo Lourido |
-
Mar Capeáns: "Necesitamos un liderado feminino. Cando damos oportunidades ás mulleres os resultados son espectaculares"
Por Oskar Viéitez |
-
A científica Alicia Estévez Toranzo impulsa a vocación feminina cara á ciencia e á tecnoloxía
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Begoña Vila, unha científica viguesa na NASA que marca camiño para as futuras astrofísicas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Cinco científicas galegas de renome reivindicarán en Pontevedra un papel destacado da muller na ciencia
Por Redacción |