Unha muller de 83 anos, nova vítima pola covid-19 no Hospital do Salnés procedente da residencia DomusVi-Ribadumia
Por Redacción
Unha muller, de 83 anos de idade, falecía durante as últimas horas no Hospital do Salnés, como consecuencia da enfermidade da covid-19. Este novo falecemento é o sexto que se produce entre persoas que se atopaban na residencia Domus Vi, situada no municipio de Ribadumia.
A anterior vítima mortal que procedía desta residencia rexistrábase o domingo 15 tamén no Hospital do Salnés, tratábase dunha muller de 95 anos.
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 faleceron por este virus 43 pacientes na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
O Servizo Galego de Saúde indicaba que co caso desta muller no Salnés, durante as últimas 24 horas faleceron en Galicia 15 persoas a causa do coronavirus.
Destacan as seis vítimas rexistradas en Vigo, dúas mulleres de 59 e 93 anos xunto a un home de 83 falecían no Hospital Álvaro Cunqueiro, outra muller, de 87 anos, perdía a vida no Hospital Vithas Fátima, un home de 82 morría no Hospital Povisa e outro home, de 84 anos, falecía na residencia asistida Arieiro.
Ademais, tres mulleres perdían a vida no Complexo Hospitalario da Coruña, unha de 57 anos, outra de 67 e unha terceira, de 102 anos, procedente da residencia Ballesol-Oleiros. Tamén falecía unha muller de 96 anos, no Complexo Hospitalario de Ferrol, procedente da residencia San José de Narón.
Tamén falecía na Residencia Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume unha muller de 88 anos. No Complexo Hospitalario de Ourense rexistrábanse dúas vítimas mortais, unha muller de 94 anos e un homes de 86, procedente da residencia Virxe da Clamadoira de Muiños, ademais dun home de 66 anos, no Hospital de Verín.
Segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade, todas as vítimas contaban cun historial clínico no que constaban enfermidades previas.
Relacionadas:
-
Unha muller de 96 anos eleva a 45 o número de vítimas mortais da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
Por Redacción |
-
Todos os municipios da área sanitaria con restricións conseguen baixar os seus casos activos de covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
O conselleiro de Sanidade recoñece que existe preocupación pola incidencia do virus no Salnés
Por Anxo Lourido |
-
O gromo en Pneumoloxía de Montecelo mantén a tres médicos positivos e catro en corentena
Por Oskar Viéitez |
-
Quinta morte por covid-19 na residencia de Ribadumia, a número 43 en toda a área sanitaria
Por Redacción |
-
Falece no Hospital do Salnés unha cuarta paciente que procedía da Residencia DomusVi de Ribadumia
Por Redacción |
-
Falece no Hospital do Salnés unha terceira paciente con covid-19 da residencia de Ribadumia
Por Alejandro Espiño |