A Cámara ofrece titores para mellorar a competitividade das Pemes
Por Oskar Viéitez
O próximo día 7 de outubro comezará na Cámara de Comercio de Pontevedra un programa para a mellora da Competitividade das Pemes ante a crise, COMPITE + dirixido a vinte e cinco empresarios e xestores.
Se trata de xestionar os cambios necesarios nos seus negocios baseándose nun estudo exhaustivo da situación actual interna e externa. Isto permitiralles a toma de decisións encamiñadas nun unha primeira fase a destacar fronte aos competidores asegurando a súa supervivencia e nunha segunda fase a consolidar as melloras realizadas e potencial o crecemento sostible das súas empresas.
O programa que durará un total de oito semanas foi presentado este xoves na sede da Cámara coa presenza do director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Rodríguez Martiñá; o director xeral da Fundación Incyde (Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa), Javier Collado Cortés, e o presidente da Cámara de Pontevedra, Eduardo Barros.
A Cámara de Comercio de Pontevedra, xunto coa de Cádiz foi pioneira na posta en marcha deste tipo de programas, segundo destacou Eduardo Barro, recordando que nos últimos anos se impartiron mais de 15 programas de similares características a preto de 400 empresarios, emprendedores e autónomos, facilitando a posta en marcha e a consolidación dun centenar de empresas.
Pola súa banda o director xeral de Traballo e Economía Social insistiu no ambicioso obxectivo deste programa que pasa pola implementación e mellora dos negocios con vocación e énfase na exportación de produtos e servizos.
Será un total de 320 horas lectivas nas que os participantes traballarán intensamente para poder dispoñer dun "Plan de axuste empresarial ou un Plan de recuperación empresarial" que lle partirá aplicar directamente o seu negocio. Cada empresa terá un titor que se efectuará ademais un seguimento durante os 24 meses primeiros de implantación.
Impartido por especialistas con ampla experiencia profesional e docente, o programa consta de sesións conxuntas semanais e consultorías individualizadas, tamén cada semana, adaptando os contidos á formación previa de cada alumno.