Todos os municipios da área sanitaria con restricións conseguen baixar os seus casos activos de covid-19
Por Alejandro Espiño
Case todos os municipios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés experimentaron certa melloría na incidencia da covid-19 nas últimas 24 horas. A pesar diso, as autoridades prefiren manter a prudencia. A situación, insisten, non está controlada.
A principal zona de preocupación de Sanidade segue estando, agora mesmo, no Salnés. O Grove volveu a situarse no nivel de alerta 3 (vermello) xunto a Sanxenxo, Cambados e Vilagarcía de Arousa. Ademais, Vilanova atópase tan só un banzo por abaixo.
Sanxenxo, a pesar diso, logrou frear os contaxios. Polo menos por un día. Hai no municipio 80 casos activos, un menos que onte. En Cambados, pola súa banda, redúcense os afectados en dous e baixan ata os 70.
Vilagarcía de Arousa ten 74 habitantes coa infección activa (un menos); mentres que en Vilanova, tras o alta recibido por un paciente, hai 25 infectados por covid-19.
As cousas non están moito mellor na comarca de Pontevedra, onde ademais da capital continúan en máxima alerta Poio e Marín. Vilaboa e Caldas de Reis séguenlle os pasos.
Pontevedra ten este xoves 351 casos activos, segundo informou o goberno municipal. Son 10 persoas menos que no último balance de Sanidade.
En Marín, sinalan desde o Concello, hai 90 casos de covid-19, dúas menos que este mércores. Máis acusado é o descenso en Poio, que con sete contaxiados menos, ten 63 casos activos.
Outros oito municipios atópanse no nivel de alerta 1 (amarelo). Son A Lama, Cerdedo-Cotobade, Soutomaior (35 casos, sete menos), Cuntis, Bueu, Meaño, Meis e Ribadumia.
No nivel de alerta 0 (verde), tras non superar os sete contagios na última semana, están Campo Lameiro, Moraña, Barro, Portas, A Illa de Arousa e Ponte Caldelas.
Relacionadas:
-
Meaño convoca concentración para reclamar a reposición dun pediatra
Por Redacción |
-
O Concello de Bueu súmase á reclamación de máis pediatras e matronas
Por Redacción |
-
Sesenta e sete novos contaxios na área sanitaria tras un día con case mil probas PCR
Por Alejandro Espiño |
-
Unha muller de 83 anos, nova vítima pola covid-19 no Hospital do Salnés procedente da residencia DomusVi-Ribadumia
Por Redacción |
-
O conselleiro de Sanidade recoñece que existe preocupación pola incidencia do virus no Salnés
Por Anxo Lourido |