O PSOE de Marín amosa a súa "decepción" polo proxecto previsto para Seixo
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do PSOE amosou a súa "decepción" polo proxecto deseñado polo Concello de Marín para a praza urbán en Seixo fronte ao mercado de abastos.
"Lamentablemente, como non o melloren, pasaremos de ter un espazo desordenado a ter unha xaula para nenos no frente da praza de abastos", din os socialistas nun comunicado.
O Partido Socialista critica que con ese proxecto "imos colocar unha serie de barreiras arquitectónicas máis, e imos sentir que o espazo público é residual", e engade que "coma sempre que as cousas se fan improvisando".
O PSOE describe o deseño da nova praza como "unha caixa metálica para nenos á que se accede por unha escada contra unha rampa, que a convirte en risco de caídas".
Finalmente, os socialistas reclaman un novo proxecto para a Praza Urbana de Seixo e advirte que "non construamos ocurrencias sen reflexión, non perdamos oportunidades históricas".
Relacionadas:
-
O PSOE considera que a obra no entorno da praza de Seixo é "unha oportunidade perdida"
Por Redacción |
-
A Xunta supervisa obras de rehabilitación enerxética e modernización en dous centros educativos de Marín
Por Redacción |
-
Desestimada a única alegación presentada ás expropiacións da Travesía República Arxentina
Por Oskar Viéitez |