Meaño convoca concentración para reclamar a reposición dun pediatra
Por Redacción
O Concello de Meaño convoca para este sábado 21 de novembro unha concentración ás doce do mediodía na Praza do Concello. O motivo da protesta é "esixir unha sanidade de calidade e a reposición do especialista en pediatria no centro de saúde".
A estes efectos o goberno local estivo a manter reunións cos portavoces dos grupos políticos municipais, así como as asociacións de Meaño.
Dadas as restricións sanitarias relacionadas co coronavirus, non se poderá superar un presenza maior a vinte persoas e segundo as indicacións que lles trasladaron desde a Subdelegación do Goberno.
Á carencia dun pediatra súmase a próxima xubilación do médico do centro de saúde de Meaño "sen que o goberno local teña constancia das previsións da Consellería para a substitución deste profesional"; e a ambas as circunstancias un feito que se remonta ao pasado ano, o peche do centro de saúde de Coirón-Dena.
Nesta tesitura o alcalde, Carlos Viéitez e a concelleira María Estévez reuníronse cos colectivos sociais para expoñer a necesidade de facer unha fronte común para demandar unha sanidade de calidade.
"As competencias en materia de Sanidade son da Xunta e non podemos quedar calados ante o que consideramos unha discriminación para os nenos e nenas de Meaño. Por iso convocamos a todas as asociacións, porque a mensaxe que queremos trasladar a Sanidade é que Meaño está unido esixindo un médico especialista e un plan de substitución de xubilacións", sinalaba o alcalde.
Relacionadas:
-
O centro de saúde de Dena conservará o seu pediatra
Por Redacción |
-
Máis de corenta familias benefícianse do fondo de Emerxencia Social do Concello de Meaño
Por Redacción |
-
Protesta en Meaño para pedir a reposición do servizo de pediatría e que se cubra a praza do médico de familia nos centros de saúde
Por Redacción |
-
Todos os municipios da área sanitaria con restricións conseguen baixar os seus casos activos de covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Meaño condiciona importantes proxectos á aprobación dunha modificación de crédito
Por Oskar Viéitez |
-
Meaño adianta o Nadal e ilumina un corazón na praza nova de Dena
Por Redacción |