Xunta, Deputación e Concello do Grove rubrican o acordo para manter o servizo municipal de emerxencias
Por Redacción
Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello do Grove asinaban este venres o acordo que permitirá a continuidade do servizo municipal de emerxencias. A achega autonómica a este fin roza os 42.000 euros.
Como indica o goberno galego, ademais deste servizo municipal de emerxencias, integrado por trece efectivos e da Asociación de Voluntarios de Protección Civil do Grove; o Concello "ten á súa disposición o Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) de Sanxenxo e o parque de bombeiros de Ribadumia.
Con este último acordo, a administración autonómica e provincial finiquitan as xestións que avanzaban nos últimos días co obxectivo de integrar ao Concello do Grove no sistema dos GES
Ata hoxe o municipio meco estaba fóra deste sistema contando cun convenio que resultaba para as súas contas moito máis graboso que se dispuxese dun grupo supramunicipal de Emerxencias.
Así, "a administración autonómica contribúe á prestación da atención ás emerxencias de forma eficiente co obxectivo de garantir a seguridade dos veciños do Grove. Este servizo localizado no propio concello permite dar unha resposta adecuada e inmediata ás actuacións máis urxentes" indica a Xunta.
Relacionadas:
-
O Concello salienta o "importante papel" do Servizo de Emerxencias local na seguridade do Grove
Por Oskar Viéitez |
-
Buscan unha solución para encaixar a singularidade do Grove nos GES
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación acepta a proposta dos novos GES
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Deputación agarda pola documentación que avalíe a proposta da Xunta sobre os novos GES
Por Oskar Viéitez |