87 novos casos positivos na área sanitaria Pontevedra - O Salnés durante as últimas 24 horas
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Nas últimas horas falecían dúas persoas na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés como consecuencia da enfermidade de covid-19. A cifra ascende a 47 falecidos nesta zona desde o inicio da pandemia.
Segundo a información facilitada polo Servizo Galego de Saúde, nas últimas 24 horas confirmáronse 87 casos en probas PCR, que sitúa o número de infeccións en 4.934.
Hai 53 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización, 46 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 4 no Hospital do Salnés. A esta cifra hai que sumar 6 pacientes con coronavirus que permanecen na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Un total de 1.183 persoas que deron positivo en covid se atopan evolucionando nas súas casas e o número total de casos activos na área sanitaria ascende a 1.242.
Durante as últimas 24 horas realizáronse 1.029 probas PCR, que se engaden ás 83.433 xa realizadas desde que comezou a pandemia.
No Concello de Pontevedra detectáronse seis casos máis nas últimas 24 horas acadando unha cifra de 351 persoas infectadas; en Marín tamén se producía o incremento cun caso máis e sitúase en 91 persoas positivas; en Poio o incremento é de 7 persoas establecéndose en 64 positivos.
Tamén na zona do Salnés e Arousa incrementáronse os casos durante a última xornada con cinco casos máis en Vilagarcía chegando á cifra de 76 infectados; Vilanova de Arousa, catro casos máis e ten xa 32 persoas afectadas pola enfermidade. En Cambados tamén ascenderon con seis novos casos e chega ás 80 infeccións.
En Galicia rexístranse este sábado 48.695 persoas infectadas polo virus. O número de falecidos sitúase en 1.132 persoas.
Relacionadas:
-
62 pacientes permanecen ingresados por covid-19 nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Nove persoas falecidas en Galicia nas últimas 24 horas por covid-19, unha delas no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
51 novos positivos confirmados por PCR na área sanitaria, que se sitúa en 4.985 personas contaxiadas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O falecemento de dous homes por covid-19 sitúa en 47 o número de vítimas mortais na área sanitaria
Por Redacción |
-
Situación sanitaria na área de Pontevedra - O Salnés: Vilanova de Arousa entra en zona de alerta vermella, Poio sae
Por Redacción |
-
Os contaxios non dan tregua á área sanitaria: 83 novos positivos e seis hospitalizados máis nun día
Por Natalia Puga |