Corte de tráfico na avenida de Marín o martes 24
Por Redacción
Con motivo das obras que se executan na autovía de Marín durante estes días, durante esta última semana de novembro está previsto o corte ao tráfico deste vial. Será durante a xornada do martes 24 de novembro.
A autovía de Marín permanecerá pechada ao tráfico entre as 09.15 e as 20.00 horas, segundo as previsións que realiza o Concello de Pontevedra.
A Policía Local establece como itinerario alternativo para o tráfico en dirección saída da cidade cara ao municipio de Marín a circulación pola rúa Manuel do Palacio en dirección a Rosalía de Castro, a coñecida como estrada vella de Marín, por Mollavao.