Correos busca persoal para cubrir 23 prazas na provincia de Pontevedra
Por Redacción
Correos abre o prazo de inscrición para cubrir 109 postos de traballo en Galicia de persoal laboral fixo en categorías operativas. Dos postos que se ofertan, 61 son para repartición a pé e motorizado; 21 para atención en oficinas e 27 para axente de clasificación.
As persoas interesadas poden inscribirse desde este 23 de novembro ata as 23.59 horas do 2 de decembro, a través da web de Correos. Por provincias, establécense 23 prazas na provincia de Pontevedra, 63 na Coruña, 11 en Lugo e 12 en Ourense.
O proceso supón a oferta de 3.381 postos de persoal laboral fixo, para desempeñar funcións de repartición de envíos, tarefas loxísticas e atención ao cliente en oficinas.
Toda a información relativa a este proceso pódese consultar na web de Correos: https://www.correos.com/personas-e-talento/