O goberno municipal rexeita o plan de impulso do PP ao consideralo "desafortunado"
Por Alejandro Espiño
As axudas aos sectores máis afectados pola covid-19 ou, como asegura o PP, a ausencia delas centrou do debate no pleno municipal que a corporación de Pontevedra celebrou este luns no Teatro Principal.
O portavoz do PP, Rafa Domínguez, lamentou que o Concello concedese "cero euros" en axudas ante a "situación crítica" na que se atopan os sectores máis afectados pola covid-19. "Tenemos un gobierno absolutamente incapaz", sinalou.
"Tienen ustedes un salvavidas y no son capaces de dárselo a la gente", engadiu Domínguez, que pediu que o goberno municipal "ayude a la gente que lo está pasando mal".
O de Pontevedra, engadiu, "es el único que ha tenido la desvergüenza de no bajar los impuestos a quienes tienen la verja cerrada". Iso provocou, engadiu o líder popular, "que no solo no ayuden, sino que asfixien".
Os afectados do Concello, concluíu, "solo reciben impuestos y gastos". Por iso, o portavoz do PP pediu a BNG e PSOE "que vuelvan a la realidad" porque considera que "es una vergüenza que no hagan nada" ante o drama que viven moitas familias.
O plan de impulso proposto polo PP recollía medidas por uns 7 millóns de euros para axudas directas a empresas e autónomos afectados pola crise, bonificacións ás contratacións fixas, axudas ao aluguer ou a supresión das taxas de veladores e lixo.
O edil non adscrito, Goyo Revenga, apoiou esta iniciativa e pediu que "todos pongamos algo de nuestra parte" antes de que Pontevedra "se convierta en un erial de comercios".
Desde o goberno municipal, o edil César Mosquera cualificou este plan de "ocorrencia" e de "demagóxico" e defendeu o "esforzo" feito polo Concello para apoiar aos sectores afectados pola covid-19 "e máis que faremos", engadiu.
"Claro que a xente o está pasando mal e cumpriremos dentro do que nos permitan facer", asegurou Mosquera, que explicou que a pandemia supuxo un gasto de cinco millóns de euros ás arcas municipais, un 10% de todos os seus ingresos.
Este investimento, afirmou o concelleiro do BNG, é "infinitamente maior" do que fixo a Xunta de Galicia, á que responsabilizou de adoptar medidas, como o peche da hostalería, en base a criterios "que non hai quen os entenda".
"A hostalería non era o problema", afirmou Mosquera, a pesar do cal o goberno galego decidiu cerrala "sen ter previsto o que ía facer con ela". Se a Xunta de Galicia fixese "o mesmo esforzo" que o Concello, subliñou, "non estariamos falando disto".
O socialista Tino Fernández engadiu que as arcas municipais "non son un pozo sen fondo" e reiterou que Pontevedra "cumpre por riba das nosas posibilidades".
"Ao mellor temos que facer máis ou facelo distinto", admitiu Fernández, que censurou a actitude dos populares que "o único que fan é enredar" anunciando medidas que cualificou de "desafortunadas", mentres a Xunta "escurre o vulto".
O portavoz do PSOE recomendoulle a Rafa Domínguez que "antes de falar das casas de outros, hai que ter moi limpa a propia", e lamentou que o portavoz do PP non teña capacidade para incluír no goberno da Xunta e actúe "como unha marioneta que non vale para nada aos cidadáns de Pontevedra".
Relacionadas:
-
O PP de Pontevedra esixe ao Goberno que asuma os seus plans económicos para apoiar o orzamento municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Augas de Galicia eximirá do canon da auga aos negocios pechados pola pandemia
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra reivindica que "non hai oco para os maltratadores nin para os seus cómplices" na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Instalarán unha tirolesa de 150 metros en Raíña Vitoria que só se poderá utilizar se se compra no comercio local
Por Alejandro Espiño |
-
A corporación pontevedresa trata de acordar unha declaración institucional polo 25N
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez propón un plan integral de 7 millóns de euros para axudar o emprego e comercio local
Por Redacción & Mónica Patxot |