Feijóo ten a "esperanza" de poder abrir a hostalería pero advierte de que "no podemos asegurarlo en ningún caso"
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo avanzou que se a evolución da pandemia segue sendo positiva en Galicia poderase levantar o peche perimetral dalgunhas zonas e reabrir o sector hostaleiro.
Concretamente Núñez Feijóo dixo que "si esta semana y la próxima semana las cosas van como han ido en las últimas, habrá algunos territorios o bastantes territorios, que hoy están perimetralmente cerrados y también cerrada la hostelería, que puedan abrir tanto la hostelería como su ámbito territorial".
Respondendo as preguntas dos xornalistas no transcurso dunha visita oficial ás obras do albergue de Cáritas en Pontevedra, Feijóo destacou que no balance global de evolución da pandemia hai este luns menos infectados en Galicia que hai sete días e por iso dixo que "albergamos la esperanza de poder, de la misma forma que hicimos en O Carballiño, en determinados ayuntamientos, en determinadas zonas, poder ser más generosos con la apertura de la hostelería".
Pero matizou que "albergamos esa esperanza, no podemos asegurarlo en ningún caso".
Dito isto animou a seguir traballando co "el mayor rigor y prudencia posible" tendo presente que "la salud es un bien prioritario para cualquier administración pública" polo que calquera decisión que se adopte estará guiada "exclusivamente por datos epidemiológicos y datos clínicos".
A día de hoxe, segundo o presidente da Xunta, "las cosas están mejor pero no están lo suficiente bien como para poder dar ninguna confirmación de lo que vamos a hacer"..
Ademais, engadiu que nesta situación de pandemia "hacer previsiones a diez días vista es un poco impropio y un poco irresponsable".
Relacionadas:
-
A Xunta planea unha desescalada por fases para a hostalería que empezaría con aforos reducidos e apertura ata as 17 horas
Por Manu Otero |
-
O Nadal que nos agarda: reunións de seis persoas e toque de queda á 1:00 en Noiteboa e Noitevella
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo descarta o confinamento domiciliario xeneralizado: "Non temos dentro do noso radar a posibilidade"
Por Natalia Puga |
-
VÍDEO.- Rogo desesperado da hostalería para reclamar a exención de taxas municipais
Por Redacción |
-
O conselleiro de Sanidade recoñece que existe preocupación pola incidencia do virus no Salnés
Por Anxo Lourido |
-
Ante o aumento de positivos, Sanxenxo pasa a estar pechada perimetralmente co Grove a partir do xoves 19
Por Redacción |
-
Centos de hostaleiros de Pontevedra, Marín e Poio berran "basta"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |