Cáritas fai un chamamento aos pontevedreses para financiar as obras do albergue
Por Oskar Viéitez
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este luns a primeira fase das obras do albergue de Cáritas en Pontevedra na que a Xunta aporta 300.000 euros con cargo á orde de axuda a entidades.
Segundo informou o director diocesano de Cáritas de Santiago, José Anuncio Mouriño, o importe total desta primeira fase é de 543.000 euros e están en proxecto dúas fases máis estimadas en 337.000 euros para as que fixo un chamamento á colaboración da cidadanía de Pontevedra xa que "depende deles " que esta obra se faga "se Pontevedra pon a metade Cáritas porá a outra metade" deses cartos.
Trala remodelación, este albergue de San Javier, na rúa Joaquín Costa fronte a Consultas Externas do Hospital Provincial, substituirá ao centro que Cáritas ten en Monte Porreiro.
Unha vez rematadas as obras contará con 26 prazas, comedor, sala de estar e cun pequeno banco de alimentos, ademais da ampliación a todo o día dos servizos de calor e café.
O presidente da Xunta aproveitou o acto para agradecer o labor de Cáritas, a súa "solidariedade e o seu apoio aos que máis o necesitan". E apelou á colaboración entre as entidades sociais e as administracións como unha "fórmula eficaz" para chegar a todos os recunchos e estar ao carón de todo aquel que o necesite.
Feijóo tamén resaltou hoxe que a Xunta contará en 2021 con 125 millóns de euros para loitar contra a exclusión social, "a maior cifra da historia da autonomía".
Deste xeito, Feijóo destacou a "blindaxe" do orzamento da Risga, con 64,4 millóns, "a pesar da entrada en vigor do ingreso mínimo vital"; e o incremento do 35% do orzamento das axudas de inclusión social para axudar aos fogares necesitados que teñen que afrontar gastos urxentes.
Durante a visita, Feijóo aseverou que "ante unha pandemia que tensa as costuras da rede de protección social, Galicia responde facéndoas aínda máis fortes". Así, recordou a posta en marcha durante a pandemia da Tarxeta Básica que xa achegou a 11.000 familias unha axuda de entre 150 e 300 euros ao mes para gastos de primeira necesidade; e referiuse, tamén, a o plan de atención ás persoas sen fogar, dotado con 73 millóns de euros.
"E con máis fondos que nunca, 18 millóns de euros, a disposición das entidades dedicadas á inclusión social, como Cáritas", engadiu, precisando que con esta partida se está a financiar, entre outras actuacións, parte do novo albergue desta organización en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Dentro do albergue de Cáritas: "Ás veces é máis importante como pos a cea que o que pos de cea"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Cáritas abre campaña de doazóns para o seu novo albergue cun homenaxe aos seus colaboradores
Por Redacción |
-
Cáritas terá rematada en decembro a primeira fase do seu centro asistencial en Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra desactiva o protocolo do frío, que atendeu a 12 persoas en 73 de vixencia
Por Redacción |
-
Pilar Rojo pregunta ao Goberno cantas persoas da provincia solicitaron o ingreso mínimo vital e cantas están cobrando a axuda
Por Redacción |
-
O novo albergue que Cáritas construirá en Pontevedra custará case un millón de euros
Por Alejandro Espiño |
-
Cáritas avanza no proxecto para converter a sede de Joaquín Costa nun gran centro asistencial: tamén terá vivendas tuteladas
Por Redacción |
-
Cáritas rehabilitará a súa sede en Joaquín Costa para trasladar o albergue para persoas sen fogar
Por Manu Otero |
-
Aprobado o convenio municipal para financiar o albergue de Calor e Café
Por Oskar Viéitez |