A Xunta procurará que a Lei Celaá "teña a máis mínima aplicación posible" en Galicia
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo asegurou que a aplicación en Galicia da nova lei educación, coñecida como Lei Celaá, será a mínima que permita o marco legal.
Atendendo ás preguntas dos xornalistas no transcurso dunha visita a unhas obras no albergue de Cáritas en Pontevedra, o presidente do goberno galego ha insistido en que "a Lei Celaá é unha mala lei" porque "divide" ao entender "que solamente puede haber un modelo de sociedad" que é "el que tienen el Gobierno o sus socios". Ademais, segundo Feijóo, a nova lei educativa "tiene una visión de la sociedad española reduccionista".
Alberto Núñez Feijóo subliñou que "nosotros no compartimos esa ley y lo que vamos a pretender es que en el ámbito de nuestras competencias esa ley tenga la más mínima aplicación posible".
O presidente da Xunta indicou que "la Ley Celaá no viene a modificar la normativa educativa gallega" polo que nesta Comunidade "vamos a seguir aplicando la normativa educativa gallega salvo que por imperativo legal haya algún precepto de obligado cumplimiento".
Neste sentido, asegurou que "en la medida de lo posible no habrá cambios en el sistema educativo gallego" xa que "con la legislación actual entiendo que podemos adoptar la inmensa mayoría de las decisiones". "La Ley Celaá o ley que más da" plantexa, segundo o mandatario galego, "que cada comunidad autónoma haga lo que quiera".
En canto á lingua galega Feijóo sinalou que "en Galicia temos unha riqueza lingüística que imos manter", lembrando que nesta Comunidade "hai dous idiomas" e tanto o castelán como o galego "son os dous idiomas do ensino en Galicia, non un só".
Igualmente garantiu que "seguirán existindo os concertos no ámbito educativo na comunidade" e engadiu que neste territorio "por suposto que en Galicia distinguimos entre aprobar e suspender e non daremos títulos aos alumnos que suspenden".
O dirixente autonómico ha indicado que esta oposición á norma impulsada por PSOE e Podemos manterase con "normalidade e con tranquilidade".
"Cremos na calidade educativa, cremos no plurilingüismo, no bilingüismo cordial e cremos na liberdade de elección dos pais, e no que non estamos de acordo para nada é que soamente se poida mandar a un colexio privado aquela familia que teña diñeiro", concluíu Feijóo.