Unha persoa sofre queimaduras polo incendio nunha embarcación no porto de Vilanova
Por Oskar Viéitez
Segundo informaron fontes do 112 en torno ás 18.20 horas deste xoves recibiuse o aviso dun incendio nun barco, que se encontra a uns 50 metros do porto de Vilanova de Arousa.
Estas mesmas fontes indicaron que unha persoa resultou ferida con queimaduras.
Dende o 112 mobilizouse numerosos medios, entre eles os Bombeiros do Salnés, Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas e Protección Civil de Vilanova.