A Xunta descarta o confinamento domiciliario xeneralizado: "Non temos dentro do noso radar a posibilidade"
Por Natalia Puga
Cos datos actuais de incidencia da covid-19 en Galicia sobre a mesa, e tendo en cuenta a información que manexa a Xunta e a súa experiencia previa na xestión da pandemia, Alberto Núñez Feijóo descarta que se vaia a decretar un confinamento da poboación "con carácter xeral".
Así o asegurou o presidente galego este luns durante unha visita a Pontevedra. A preguntas dos xornalistas, indicou que "non temos dentro do noso radar de decisións a posibilidade" dese confinamento xeneralizado. Matizou, iso si, que non descarta que se acorden confinamentos por municipios concretos ou territorios.
Feijóo quixo ser cauto e aclarar que esa afirmación faia "cos datos que temos" nestes momentos e que " hoxe por hoxe" non fai falta chegar á medida extrema do confinamento xeneralizado, pero que non pode acreditar que esta convicción se manteña de forma indefinida, senón que "dentro dunha semana o de 15 días, non sei o que pasará" .
O presidente galego fixo balance da xestión recente da crise sanitaria en Galicia e explicou que se adoptou a decisión "dolorosa" de pechar a hostalería en gran parte do territorio porque na segunda quincena de outubro constataron que, en 15 días, duplicáronse os casos. Así, en tan só dúas semanas Galicia pasou de 4.500 a 9.000 casos activos e quixeron impoñer restricións porque se o avance da covid-19 seguía sendo de 4.500 novos contaxios cada 15 días, en xaneiro ou febreiro, o confinamento si sería unha "necesidade".
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación Feijóo tamén lembrou que Galicia é, despois de Baleares e Canarias, a comunidade con menor incidencia da covid-19 en España e que, ademais, o é de forma "continuada e constante". Ademais, ten menos camas ocupadas que Baleares e é, xunto con Canarias, a autonomía con menor presión asistencial.
En relación coa área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Feijóo recoñece que ten unha situación actual máis preocupante que Ourense ou Santiago, onde "as cousas van mellor", e atribúe esta circunstancia a que nesas dúas zonas de Galicia "empezamos antes as restricións", de forma que lle levan ao resto de zonas urbanas da comunidade "máis de dúas semanas de vantaxes en restricións".
Esta anticipación de 15 días nas medidas máis restritivas fai que a súa situación actual sexa mellor, pero Feijóo tamén quixo lembrar que na evolución da enfermidade é importante a actitude da cidadanía: "temos que ser máis conscientes de que a situación da pandemia depende dos cidadáns que vivimos en Galicia: ao final somos nós e as nosas actitudes os que marcan que unha comunidade autónoma baixe máis de présa ou máis lento".
Relacionadas:
-
Sanidade pecha perimetralmente Meis, Ribadumia e Meaño
Por Alejandro Espiño |
-
O Nadal que nos agarda: reunións de seis persoas e toque de queda á 1:00 en Noiteboa e Noitevella
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta procurará que a Lei Celaá "teña a máis mínima aplicación posible" en Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
Os deportistas galegos unen as súas voces para gritar "NON" á violencia machista
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Feijóo ten a "esperanza" de poder abrir a hostalería pero advierte de que "no podemos asegurarlo en ningún caso"
Por Oskar Viéitez |