Ferida unha ciclista nun atropelo á altura dun paso de peóns entre Filgueira Valverde e Eduardo Pondal
Por Redacción
Unha muller que circulaba nunha bicicleta resultou ferida leve a última hora da tarde deste luns nun atropelo rexistrado á altura do paso de peóns situado entre as rúas Eduardo Pondal e Profesor Filgueira Valverde. A ciclista foi arrollada por un turismo.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 18.50 horas deste luns a través de Urxencias Médicas de Galicia 061 e alertou para o seu traslado ao lugar á Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil de Pontevedra.
A Policía Local de Pontevedra enviou varias dotacións ao lugar do accidente e instruirá un atestado sobre o acontecido.
Segundo as primeiras informacións en base ás testemuñas que había na zona, trátase dunha ciclista que presentaba feridas leves e foi trasladada nunha ambulancia do 061.
Testemuñas presenciais relataron a PontevedraViva que a ciclista quedou tirada na calzada á altura do paso de peóns.