Dous bares de Pontevedra denunciados por incumprir o peche da hostalería
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra denunciou nos últimos días a dous bares do municipio que incumprían as restricións impostas pola Xunta á súa actividade ante a incidencia da pandemia da covid-19 en Galicia.
En concreto, segundo informou o goberno municipal, unha destas denuncias foi para un establecemento de Ponte Sampaio que, como recolle o atestado policial, por servir o pasado mércores, sobre as 13:40 horas, a tres persoas no seu interior.
Os tres clientes foron denunciados tamén por reunirse sen ser conviventes e non levar posta a máscara de protección.
O segundo dos casos foi o centro histórico. Alí, ás dúas da tarde de pasado xoves, os axentes comprobaron que un bar estaba a servir bebidas a través dunha barra abatible nunha das xanelas do local.
A estas sancións, súmanse as catorce persoas -oito esta última fin de semana- que foron denunciadas por incumprir o toque de queda fixado polas autoridades entre as once da noite e as cinco da madrugada para limitar as saídas nocturnas.
Relacionadas:
-
Sorprenden dezasete persoas de botellón en Pontevedra na véspera da Noiteboa
Por Redacción |
-
Dezaoito denuncias durante os últimos tres días por xuntarse en Pontevedra sen seren conviventes
Por Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés mantén unha media de 70 novos positivos diarios nos últimos días
Por Redacción |
-
Denuncian un bar de Combarro que vendía alcol para consumir na rúa e 16 clientes que se xuntaron para beber
Por Natalia Puga |